venres, 10 de marzo de 2017

All That You Are

Econoline Crush é unha banda canadense que polo momento non tivo unha grande repercusión mundial coa súa música, pero se iso pode supór algún tipo de eiva para unha banda disposta a comer o mundo, non digamos cando ves (ou mellor dito, escoitas) cómo outra banda con máis éxito saca unha canción que se parece sospeitosamente a unha túa. Como publicidade, pode estar moi ben, pero seguramente que ós rapaces de Econoline Crush preferirían triunfar polos seus propios medios e non pola canción de Nickelback "Figured You Out", que ten moitas similitudes con "All That You Are", unha canción que Econoline Crush gravou no álbum The Devil You Know (1997).


E é que a canción de Nickelback "Figured You Out", pertencente a The Long Road (2003) ten trazos moi parecidos a de Econolinde Crush e, claro, a cousa acabou nunha demanda interposta por un posible caso de plaxio.

venres, 17 de febreiro de 2017

Seven Seas of Rhye

En 1973 o rock progresivo, que comezara a coller forma a finais da década anterior, ía contar cunha nova banda que ía facer historia no mundo da música, xa que no verán daquel ano Queen publicada o seu primeiro traballo discográfico, un álbum epónimo, onde xa o carisma de Freddie Mercury, o seu talento e o do resto da banda quedaba plasmado nas dez cancións que o compuñan. A que pecha o álbum é "Seven Seas of Rhye", un marabilloso tema composto por Mercury que volvería a aparecer no seguinte LP da banda, Queen II (1974), que saíu apenas un ano despois do debut.


Freddie Mercury aproveitou algúns dos trazos do piano que se escoitan en "Seven Seas of Rhye" na canción "It's a Beautiful Day", que se publicou no álbum póstumo Made in Heaven (1996).

venres, 10 de febreiro de 2017

Save the last dance for me

The Drifters foi un dos grupos de doo-wop e soul máis influíntes de todos os tempos. Malia os continuos cambios que se producían na formación, deixaron para o recordo unha manchea de boas cancións que cada certo tempo volven ó panorama actual da man de novas voces. Quizais o período de máis esplendor que viviu este conxunto foi cando contaba entre os seus membros co gran Ben E. King, quen logo habería ter unha prolífica carreira en solitario. Mentres pertencía ó plantel dos Drifters, Ben E. King gravou algúns traballos con eles, como o terceiro álbum de longa duración do grupo, nomeado  Save the last dance for me (1962). A canción que lle dá título é unha das  máis concorridas por artistas de  tódolos artistas e mesmo, Ben E. King a gravou no seu álbum de 1987, que tamén ten o mesmo nome que a canción. O single publicouse en agosto de 1960, dous anos antes de que aparecese recollido no álbum.

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEh_X86CCtj0CQ4AZkPMbkWnh-YESaXMEwnTY3B_Rd0akb7YPfj-Lb8ErAC87xUlNWtLYzIrNrOyzR2_cvkVu2BbG0xiBeyW9q2M0F_y0ebRl28n3bt3rdqDKQfGa55OyDJQjaTwIfdnFVls/s1600/The+Drifters+-+Save+The+Last+Dance+For+Me.jpghttps://youtu.be/n-XQ26KePUQ

Unha das primeiras versións que se fixeron foi a de Dalida, quen a cantou en francés co título de "Garde moi la dernière danse" e que se incluíu no álbum do mesmo nome de 1961.

https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/b/b2/Dalida_1961.jpghttps://youtu.be/aGSc4kmvj4Y

A influencia desta canción de The Drifters pode atoparse nos primeiros acordes da canción de Nino Bravo "Tú cambirarás", primeiro corte do álbum Te quiero, te quiero (1970).

 http://www.republica.com/wp-content/uploads/2014/11/nino-bravo.jpghttps://youtu.be/RdrByRj72s8

Tampouco está nada mal a versión de "Save the last dance for me" de Nancy Sinatra e Lee Hazelwood no álbum que ámbolos dous gravaron chamado. Nancy & Lee (2004).

 https://snc-cdn14.appspot.com/blog/2015/01/Nancy-Lee-rehearse-for-the-1995-tour.jpghttps://youtu.be/zvfnG_Vs5yE