Pink Floyd asinou unha brillante páxina na evolución do rock progresivo cando se publicou o dobre álbum The Wall (1979). As vinte e seis cancións que forman parte del son verdadeiras xoias do rock que mostran á banda británica en todo o seu esplendor, cun Roger Waters inspiradísimo, que a pesar do bo momento en que se atopaban, ningún dos membros se esquecía de Syd Barret, a quen dedican algunha canción. A segunda parte do álbum comeza coa canción "Goodbye Blue Sky", un pefecto medio tempo, cuxa melodía influíu noutras bandas de rock.
A canción de Metallica "Fade to Black", pertencente ó álbum Ride the Lightning (1984) comeza cuns acordes que recordan moito á canción de Pink Floyd.
Parece que tamén Def Leppard se inspirou na melodía de "Goodbye Blue Sky" para elaborar "Hysteria", do álbum do mesmo nome que se publicou en 1987.


