A obra de Ernest Hemingway ten unha transcendencia moito máis aló do mundo da literatura. Novelas coma "For Whom the Bells Tolls" (Por quen dobran as campás?) tamén lograron ocupar un lugar destacado na música. Pode sorprender que servise para inspirar unha das mellores cancións de Metallica, que leva o mesmo título cá novela. A canción forma parte do segundo disco da banda de James Hetfield e Lars Ulrich, Ride the Lightning (1984), e está asinada polos dous líderes de Metallica xunto con Cliff Burton, que se encargou do baixo durante os primeiros anos da banda ata o seu pasamento en 1986. Polo demais, "For Whom the Bell Tolls" é hoxe unha das cancións máis recoñecibles de Metallica, que conta con innumerables versións, e tamén serviu para inspirar outros temas, que serán os que escoitemos hoxe.
http://youtu.be/bg92QpjRcJk
En primeiro lugar hai que deixar claro que as dúas cancións que seleccionamos e que empregan a canción de Metallica como base non teñen nin moito menos o nivel da orixinal, pero hai que admitir que ó ter recorrido a unha gran canción de Metallica, sálvaas bastante, ademais de ter en conta que pertencen a un ámbito da música que se move entre a electrónica e o hip hop, estilos altamente susceptibles de reciclar calquera canción editada anteriormente. Unha das primeiras que utiliza "For Whom the Bell Tolls" é "For Whom the Bass Tolls" do dj Bassnectar. Como xa se pode ver, sen ser igual, o título xa fai referencia á canción de Metallica.
Tamén Yelawolf e DJ Paul en "Bowties" seguen o mesmo procedemento que Bassnectar e inxéctanlle á canción de Metallica novos aires en clave hip hop.
http://youtu.be/jZGChSjMq3Q
Ningún comentario:
Publicar un comentario