Posiblemente o jazz e a bossa nova non sexan os xéneros que cheguen o gran público con maior facilildade, pero o caso é que cando saben aliarse entre si poden xurdir verdadeiras xoias que trascenden alén duns círculos que moitos teñen por herméticos. En 1963 o saxofonista de jazz Joe Henderson debutaba cun EP de seis cancións chamado Page One, que comezaba cunha peza que fusionaba o jazz coa bossa nova, e que sería das máis aclamadas co tempo. "Blue Bossa" é unha das dúas cancións asinadas polo reputado trompetista Kenny Dorham que este lle cedeu a Henderson. A colaboración entre ámbolos músicos habería ser constante, xa que Kenny Dorham, amais de dedicarse a súa propia carreira musical, apoiaba co seu talento a tódolos artistas que o solicitaban. "Blue Bossa", co seu animado ritmo, fixo que moitos se empezasen a interesar tanto polo jazz coma pola bossa nova.
"Blue Bossa" deixou unha importante pegada nunha das cancións de debut do guitarrista irlandés Gary Moore. "Parisienne Walkways" é a canción estrela de Back on the Streets (1979) e está interpretada polo vocalista de Thin Lizzy, Phil Lynott. Malia que "Parisienne Walkways" é unha balada, a base da melodía está tomada directamente de "Blue Bossa". Nin que dicir ten que "Parisienne Walkways" é un dos temas máis fermosos do repertorio de Gary Moore.
http://youtu.be/vbulXg6GE2w
Ningún comentario:
Publicar un comentario