Unha das moitas cousas que lle hai que agradecer a Robert Johnson é a constante actualización de clásicos antigos do blues, que se non chegan a ser gravados ou reinterpretados polo fantástico bluesman de Mississippi, hoxe probablemente estarían relegadas o máis absoluto esquecemento. Pero se iso non fose suficiente mérito, Robert Johnson consagrouse como a figura máis importante do blues do século XX porque a súa música influíu en varias xeracións de músicos que non só versionaron as composicións de Johnson, senón que tamén lograron elaborar novas cancións a partir das súas. "Cross Road Blues" (1937) é unha desas cancións de tránsito que hoxe forman parte do gran legado que Robert Johnson nos deixou.
http://youtu.be/GsB_cGdgPTo
Algúns dos estudosos da obra de Robert Johnson sinalan que "Cross Road Blues" ciméntase nun blues de Leroy Carr e Scrapper Blackwell titulado "Straight Alky Blues" (1929).
http://youtu.be/f5n0SP8N0mM
Pero volvamos á composición de Robert Johnson. Un dos primeiros en renderlle tributo foi Elmore James, que versionou algunha das súas cancións. En concreto, "Cross Road Blues" gravouna por primeira vez en 1954 co título "Standing at the Crossroads".
http://youtu.be/UFjt4squR-E
Pero a versión que máis repercusión tivo foi a que Cream incluíu no álbum Wheels of Fire (1968) co título de "Crossroads". A versión da banda de Eric Clapton conta coa particularidade de engadirlle un anaco da letra doutro dos clásicos de Robert Johnson "Traveling Riverside Blues".
http://youtu.be/YdwVVI4B3oY
A transcendencia da versión de Cream pode observarse nunha das grandes cancións da Steve Miller Band. En "Jet Airliner", pertencente ó álbum Book of Dreams (1977), Stevie Miller calca o riff da versión de Cream.
http://youtu.be/mGF_0AcHaGs

Ningún comentario:
Publicar un comentario