mércores, 4 de xuño de 2014

Heal the Pain

Cada vez máis afastado do estilo xuvenil de Wham! co que George Michael se dera a coñecer, o segundo álbum do artista de orixe grega, Listen Without Prejuice Vol. 1 (1990), redundaba na procura dun son moito máis maduro, como xa se puidera apreciar no aclamado debut Faith (1987) co que George Michael se presentaba coma un artista ó que ter moi en conta en sucesivas entregas. Polo tanto, o segundo traballo discográfico de George Michael tivo unha excelente acollida grazas sobre todo a unhas boas cancións producidas polo propio George Michael, que ademais tamén compuxera a meirande parte delas. Cancións coma "Praying for Time", "Freedom" e a que hoxe vos presentamos, "Heal the Pain" dan fe da calidade do disco.

http://youtu.be/Syb876tgoaM

O ritmo e o son de "Hail the Pain" son o suficientemente orixinais como para que con facilidade dabondo outros artistas se puidesen apropiar del. "Heal the Pain" atopou unha segunda vida na cara B do single de Lemon Jelly "Rolled" editado no 2003. A canción titúlase "Oats".

Ningún comentario:

Publicar un comentario