Amosando publicacións coa etiqueta Sugar Ray. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Sugar Ray. Amosar todas as publicacións

martes, 15 de decembro de 2015

The Mexican

En 1972 aparecía o debut de Babe Ruth First Base que contén a canción "The Mexican", unha mina de ouro especialmente para os músicos de hip hop e de electrónica, que haberían de recorrer a ela de forma sistemática nas décadas posteriores. E non obstante, esta canción que leva a sinatura de Alan Shacklock, fundador do grupo, e de Ennio Morricone, por razóns obvias, é un exemplo máis do rock progresivo que se estaba facendo en Gran Bretaña naquel momento e que tantas bandas marabillosas produciu. Pero o que fai especial a "The Mexican" é a parte final na que rendéndolle un sentido tributo á música de  Morricone, Babe Ruth adopta os acordes da banda sonora de "Per qualque dollaro in più", un dos spaghetti-westerns dos que Ennio Morricone musicou.

https://youtu.be/CZFCokoQzMM

Velaquí un anaco da banda sonora de  "Per qualque dollaro in più", que inspirou a Alan Shacklock.

https://youtu.be/YdW0Srs6LI0

Ademais das innumerables veces que esta canción serviu de base para outras de corte electrónico e de hip hop, sobre todo debido á influencia de Morricone, "The Mexican" forma parte do gran éxito de Afrika Bambaataa "Planet Rock", que como vimos noutra entrada é case unha copia do "Trans Europe Express" de Kraftwerk. Pero tamén en clave punk e ska, a canción de Babe Ruth adorna a de Sugar Ray "Fly", no álbum Floored (1997).

https://youtu.be/zUtnwcv-quE

E que dicir das versións que se fixeron de "The Mexican", a maioría delas con son de hip hop. Por iso parécenos digna de destacar a que Helloween fixeron no álbum Metal Jukebox (1999) levándoa ó seu terreo e demostrando que "The Mexican" tamén pode ser unha gran canción de heavy metal.

https://youtu.be/Z4QwAGtaLAg

martes, 4 de novembro de 2014

Every Morning

Hoxe volvemos destapar o álbum de Sugar Ray 14:59 (1999) para achegarnos a unha das cancións que logrou que a banda californiana de Mark McGrath fose coñecida en todo o mundo. O primeiro aviso de que acababan de enfilar a senda do éxito deuno o primeiro single, "Every Morning", marcando unha estela que non seguiron da mesma maneira o resto de singles. Pero tamén, curiosamente, se descontamos a versión de "Abracadabra",  "Every Morning" é a que ten menos elementos propios de Sugar Ray, pois aséntase en dúas cancións practicamente esquecidas no momento da publicación do álbum.


Unha delas é o famoso tema de jazz "Grazing in the Grass" do trompetista Hugh Masekela, composta por Philemon Hou. "Grazing in the Grass" é un tema intrumental que conta cunha importante tradición na escena de jazz, xa que o seu encanto fixo que moitos artistas a versionasen. Non obstante, fóra da escena jazzística non é moi coñecido e, ademais de Sugar Ray, tan só algún grupo de hip hop teno empregado en beneficio propio, pero "Every Morning" deulle unha popularidade nova cun público diferente. Edituouse en 1968, trala revisión dunha antiga composición de Masekela.


O outro alicerce que sostén a "Every Morning" é "Suavecito", que aparece no álbum epónimo de Malo, co que a banda de rock latino, jazz e funk á que pertence Jorge Santana, o irmán de Carlos, debutaba en 1972.

venres, 12 de setembro de 2014

Mr. Bartender (It's so Easy)

"Mr. Bartender (It's So easy)" foi o single de presentación do quinto álbum de Sugar Ray In the Pursuit of Leisure (2003). A banda californiana vivía daquela na cresta das ondas e non había radiofómula na que non soasen desde que co seu anterior disco empezaran a dominar ás listas máis comerciais. Así que cun novo álbum baixo o brazo, Sugar Ray presentábase disposta a repetir os mesmos datos sen apenas variar o estilo que tan ben lle fora antes. O single "Mr. Bartender (It's so Easy)", que engancha á primeira escoita, ten o lixeiro defectiño, (se é que ás veces isto se pode tomar coma defecto e non coma virtude) de que non é orixinal ó cen por cento. A melodía e os acordes pertencen a outras dúas cancións alleas, que combinadas de xeito adecuado, conseguen que "Mr. Bartender (It 's so Easy)" soe tan ben.

http://youtu.be/0Piyyr2Yqj8

Hai que recoñecerlles ós mozos de Sugar Ray que teñen bo gusto. O son da guitarra está tomada directamente do tema de Sweet "Love is Like Oxygen", de Level Headed (1978).

http://youtu.be/kRVwcPTnug8

O resto débese á canción de Midnight Star "No Parking (On the Dance Floor)", do álbum do mesmo título publicado en 1983.

luns, 9 de xullo de 2012

Abracadabra

Steve Miller Band seguiu colleitando éxitos na década de 1980 malia que xa se consolidara como un dos grupos máis representativos da década anterior. Coa súa mestura de blues, folk e rock, Steve Miller soubo imprimirlle ó seu grupo unha marca personalizada. En 1982, publicaron Abracadabra, o vixésimo disco para esta banda de San Francisco, cuxo single de presentación dáballe título ó álbum.


A principal versión deste tema é o que fixo a banda californiana Sugar Ray en 1999 no seu álbum 14:59. A banda de Mark McGrath actualizouna e volveu a converterse nun éxito de fin de século, aínda que a orixinal nunca pasou de moda.