En 1972 aparecía o debut de Babe Ruth First Base que contén a canción "The Mexican", unha mina de ouro especialmente para os músicos de hip hop e de electrónica, que haberían de recorrer a ela de forma sistemática nas décadas posteriores. E non obstante, esta canción que leva a sinatura de Alan Shacklock, fundador do grupo, e de Ennio Morricone, por razóns obvias, é un exemplo máis do rock progresivo que se estaba facendo en Gran Bretaña naquel momento e que tantas bandas marabillosas produciu. Pero o que fai especial a "The Mexican" é a parte final na que rendéndolle un sentido tributo á música de Morricone, Babe Ruth adopta os acordes da banda sonora de "Per qualque dollaro in più", un dos spaghetti-westerns dos que Ennio Morricone musicou.
https://youtu.be/CZFCokoQzMM
Velaquí un anaco da banda sonora de "Per qualque dollaro in più", que inspirou a Alan Shacklock.
https://youtu.be/YdW0Srs6LI0
Ademais das innumerables veces que esta canción serviu de base para outras de corte electrónico e de hip hop, sobre todo debido á influencia de Morricone, "The Mexican" forma parte do gran éxito de Afrika Bambaataa "Planet Rock", que como vimos noutra entrada é case unha copia do "Trans Europe Express" de Kraftwerk. Pero tamén en clave punk e ska, a canción de Babe Ruth adorna a de Sugar Ray "Fly", no álbum Floored (1997).
https://youtu.be/zUtnwcv-quE
E que dicir das versións que se fixeron de "The Mexican", a maioría delas con son de hip hop. Por iso parécenos digna de destacar a que Helloween fixeron no álbum Metal Jukebox (1999) levándoa ó seu terreo e demostrando que "The Mexican" tamén pode ser unha gran canción de heavy metal.
https://youtu.be/Z4QwAGtaLAg

Ningún comentario:
Publicar un comentario