E por fin xa está aquí decembro, o último mes do ano e no que se produce o solsticio de inverno no hemisferio norte, acontecemento ligado tamén o tempo de Nadal. Así que coa maxia que desprende este mes era algo natural que inspirase a moitos músicos que lle dedicaron algunhas composicións, como a primeira que aparece no álbum de debut de The Waterboys. Malia que este disco epónimo editouse no verán de 1983, gravouse entre novembro e decembro de 1982, así que o "December" de The Waterboys foi un dos temas con máis sentimento do álbum.
https://youtu.be/Yk4-P8yLchw
Moi recordado é o "December" de Collective Soul que ilustra o segundo álbum da banda norteamericana Collective Soul (1995).
https://youtu.be/utYjsmDzMi0
Counting Crows tamén lle dedica unha canción a este mes co título de "A Long December", un tema meláncolico, pero de gran beleza, pertencente a Recovering the Satellites (1996), o álbum co que pretendía conseguir o éxito do anterior no que se incluía "Mr. Jones", o gran trallazo desta banda.
https://youtu.be/jkVTgWpONnE
No álbum Maladroit (2002) de Weezer péchase con outra canción titulada "December".
https://youtu.be/jpqoWTw7910
The Moody Blues fixeron un álbum de Nadal precisamente co título December (2003) que se estrea coa canción "December Snow".
https://youtu.be/BXsZbSRfc1E
En 2010 DePedro presentaba o seu segundo álbum Nubes de papel que conta coa colaboración de Vetusta Morla na canción titulada "Diciembre".
https://youtu.be/HB4jW6dzvXQ
https://youtu.be/Yk4-P8yLchwMoi recordado é o "December" de Collective Soul que ilustra o segundo álbum da banda norteamericana Collective Soul (1995).
Counting Crows tamén lle dedica unha canción a este mes co título de "A Long December", un tema meláncolico, pero de gran beleza, pertencente a Recovering the Satellites (1996), o álbum co que pretendía conseguir o éxito do anterior no que se incluía "Mr. Jones", o gran trallazo desta banda.
No álbum Maladroit (2002) de Weezer péchase con outra canción titulada "December".
The Moody Blues fixeron un álbum de Nadal precisamente co título December (2003) que se estrea coa canción "December Snow".
En 2010 DePedro presentaba o seu segundo álbum Nubes de papel que conta coa colaboración de Vetusta Morla na canción titulada "Diciembre".
Ningún comentario:
Publicar un comentario