Toots & the Maytals tiveron un dos seus maiores éxitos coa canción "54-56 That's My Number", un single que editaron en 1969. Xusto nese momento, a finais dos sesenta, os ollos, e sobre todo os oídos, do panorama musical centráronse na música xamaicana, o popular reggae, ó que comezaban a descubrir grazas a músicos da talla de Jimmy Cliff e de Bob Dylan, que arrastraron a outros músicos compatriotas ó máis alto. Esa vaga de interese polo reggae soubérona aproveitar moi ben Toots & the Maytals, que entre finais dos sesenta e comezos dos setenta, sacaron uns cantos singles que se concentraron no discos From the Roots (1970) e Monkey Man, tamén do mesmo ano, que callaron de maneira notable nalgunhas bandas posteriores coma The Clash e artistas coma Norman Cook, que sempre recoñeceron a súa preferencia pola música destes xamaicanos.
https://youtu.be/yjg6flu3zuc
Joe Strummer, líder de The Clash, réndelle unha sentida homenaxe a esta canción de Toots & the Maytals na parte final do tema de The Clash "Jail Guitar Doors" ó rematar cos versos finais de "54-56 That's My Number". "Jail Guitar Doors" pertence á edición americana do álbum de debut The Clash 81979).
https://youtu.be/dNVZKRT2zGk
Toots & the Maytals volveron gravar unha nova versión de "54-56 That's My Number" para o álbum compilatorio True Love (2004), con artistas invitados. Para o seu clásico de 1969 contaron con Jeff Beck.
https://youtu.be/0sy6lzt2xU8

Ningún comentario:
Publicar un comentario