Despois da intensa experiencia futurista que supuxo Ziggy Stardust para o glam rock, a evolución musical de David Bowie transitou cara a camiños máis convencionais, aínda que sempre buscando unha nova volta de porca, que se traduciu nunha serie de novos discos que nin moito menos se poden considerar menores dentro da extensa produción do Duque Branco. O seguinte paso, entón, foi ocuparse da música soul e do funk, que vivían unha época de esplendor e unha vez máis, Bowie demostra a súa mestría para desenvolverse en calquera tipo de xénero musical e asinar varios traballos discográficos con nota. Un deles é Young Americans (1975), noveno álbum deste camaleónico artista, que se pecha coa canción "Fame", cuxo riff de guitarra creouno Carlos Alomar, músico que traballara na banda de James Brown.
"Fame" é unha marabillosa canción funk que fascinou mesmo ó rei do soul e gran pope do funk James Brown, quen mesmo a finais dese mesmo ano de 1975, editou o single "Hot, (I Need to Be Loved, Loved, Loved)", que reproduce o riff que Alomar creara para a canción de Bowie.
Ningún comentario:
Publicar un comentario