Pois non, lonxe do que moita xente cre The Byrds non era só unha gran banda que se dedicaba a facer versións doutras cancións de éxito, tamén compuñan as súa propia música cun moi bo resultado. Moitas das cancións orixinais da banda inglesa son verdadeiros clásicos dos sesenta que influenciaron a música doutros artistas que os versionaron, pondo esas versións á mesma altura que as versións que facían The Byrds. Especial repercusión tivo "Eight Miles High", canción do álbum Fifth Dimension (1966), en cuxos tres minutos e medio se concentra toda a creatividade de Gene Clark, Jim McGuinn e David Crosby, que xa se revelaban como grandes compositores. "Eight Miles High" é unha fantástica canción psicodélica, moi marcada pola influencia de Ravi Shankar, que se manifesta sobre todo na melodía da guitarra.
Sería imposible quedar con todas as versións fabulosas que se fixeron de "Eight Miles High", a cargo de Roxy Music, Crowded House e Hüsker Dü por citar só uns poucos exemplos. No entanto, preferimos quedar coa canción de Bruce Springsteen "Life Itself", pertencente a Working on a Dream (2009), que comparte coa de The Byrds algúns acordes, coma se "Eight Miles High" servise de inspiración ó Boss.
Ningún comentario:
Publicar un comentario