Nas formacións masculinas dos noventa, especialmente as procedentes de Estados Unidos, a música que máis se levaba era o R&B e outros estilos afíns. Malia que as boys band como os Bakstreet Boys e N'Sync copaban todo o mercado, outras trataban de atopar o seu sitio co apoio de rapeiros consagrados que participaban nos seus traballos. Dese modo foi como 112 presentou o seu segundo álbum, Room 112 (1998), no que colaboran persoeiros tan coñecidos do mundo do hip hop como Faith Evans e Lil'Kim, mentres que da produción executiva se resposabiliza, entre outros, Sean "Puffy" Combs e a cantautora Dianne Warren. "All My Love" é unha das baladas do disco e, sen ser a mellor canción que se pode atopar en Room 112, é das máis coñecidas de 112.
"All My Love" saíu do esquecemento grazas sobre todo a revisión que Kevin Lyttle fixo dela para a súa canción "Turn Me On", que sería o seu maior éxito. Elixida como single de presentación do álbum epónimo co que Lyttle debutaba en 2004, estaba pensada para ser unha balada, seguindo a súa predecesora de 112, pero as mesturas convenientes que se fixeron para a súa posta en escena final, tal como chegou ás radiofórmulas de medio mundo, converteron a "Turn Me On" nunha das cancións do verán de 2004.
Ningún comentario:
Publicar un comentario