Amosando publicacións coa etiqueta The Clash. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta The Clash. Amosar todas as publicacións

venres, 18 de decembro de 2015

54-56 That's My Number

Toots & the Maytals tiveron un dos seus maiores éxitos coa canción "54-56 That's My Number", un single que editaron en 1969. Xusto nese momento, a finais dos sesenta, os ollos, e sobre todo os oídos, do panorama musical centráronse na música xamaicana, o popular reggae, ó que comezaban a descubrir grazas a músicos da talla de Jimmy Cliff  e de Bob Dylan, que arrastraron a outros músicos compatriotas ó máis alto. Esa vaga de interese polo reggae soubérona aproveitar moi ben Toots & the Maytals, que entre finais dos sesenta e comezos dos setenta, sacaron uns cantos singles que se concentraron no discos From the Roots (1970) e Monkey Man, tamén do mesmo ano, que callaron de maneira notable nalgunhas bandas posteriores coma The Clash e artistas coma Norman Cook, que sempre recoñeceron a súa preferencia pola música destes xamaicanos.

https://youtu.be/yjg6flu3zuc

Joe Strummer, líder de The Clash, réndelle unha sentida homenaxe a esta canción de Toots & the Maytals na parte final do tema de The Clash "Jail Guitar Doors" ó rematar cos versos finais de "54-56 That's My Number". "Jail Guitar Doors" pertence á edición americana do álbum de debut The Clash  81979).

https://youtu.be/dNVZKRT2zGk

Toots & the Maytals volveron gravar unha nova versión de "54-56 That's My Number" para o álbum compilatorio True Love (2004), con artistas invitados. Para o seu clásico de 1969 contaron con Jeff Beck.

https://youtu.be/0sy6lzt2xU8

venres, 23 de xaneiro de 2015

Dub Be Good to Me

Un dos variados proxectos nos que se embarcou Norman Cook foi Beats International. Esta aventura de música electrónica apenas durou catro anos, pero foi o primeiro grupo no que Cook tivo contacto cos sintetizadores, a música funk, o electropop, que tanta axuda lle ía valer para desenvolverse noutros proxectos. Beats International xurdiu tralo remate de The Housemartins e precisamente por iso, a súa transcendencia é básica na carreira de Cook cara ós sons electrónicos que logo se haberían de reflectir tan ben en Fatboy Slim, a oesar de que a andaina de Beats International foi bastante breve. Só sacaron dous discos antes de disolverse. O primeiro foi Let Them Eat Bingo (1990) e tamén foi o que tivo máis éxito, grazas sobre todo a "Dub Be Good to Me", o single que conseguía mesturar a The Clash con The S.OS Band, dous grupos con estilos tan diferentes.


O tema de The Clash "The Guns of Brixton" é un nos que se apoiou "Dub Be Good to Me". Pertencente a London Calling (1984), "The Guns of Brixton" estrutura a través da melodía parte da canción de Beats International.


O outro alicerce que sostén "Dub Be Good to Me" é "Just Be Good to Me" de The S.O.S Band, que está en On the Rise (1983). Xa só o parecido no título indica que Beats International fixo unha revisión profunda deste tema aliñándoo de forma perfecta co de The Clash.


Esta última tamén foi orixe de numerosas cancións que empregaron as bases para temas novos. É o caso de "Just Be Good to Green" de Professor Green e Lily Allen, que está no álbum do primeiro Alive Till I'm Dead (2010).

luns, 17 de xuño de 2013

Rock the Casbah

The Clash vivía o seu mellor momento a comezos dos anos 80 cando o a banda acadara un estilo propio que comezaba a deixar pegada noutros grupos que admiraban a contundencia das letras de Joe Strummer e compañía, así como o seu son que combinaba o mellor punk cos sons de New Wave máis actual do momento. O quinto disco Combat Rock (1982) móstranos un dos traballos fundamentais de The Clash, con cancións convertidas case en himnos por unha xeración, como é "Rock the Casbah", un dos mellores temas dese álbum, xunto co gran "Should I Stay or Should I Go".


A influencia de The Clash foi notoria en gruupos da época como os granadinos 911, co que Joe Strummer colaborou ( e recentemente lle acaban de dedicar unha rúa en Granada) e Pistones, que debutaron en 1983 co disco Persecución e que contén unha das cancións máis importantes da historia do pop rock español, "El Pistolero", onde a presenza do son de The Clash se deixa ver en cada nota.

mércores, 6 de marzo de 2013

Straight to Hell

Combat Rock , o quinto disco de The Clash e que se editou en 1982, é posiblemente o mellor traballo da banda de Joe Strammer. Na mesma liña que os anteriores, Combat Rock contén letras de corte político e social combinda co punk máis influente de comezos dos 80 con toques de New Wave. A canción máis representativa é "Should I Stay or Should I Go", que se editou como cara B de "Straight to Hell". Esta última non goza de tanta popularidade, pero é unha das máis versionadas de The Clash.

A versión máis importante deste tema é o que gravou Lily Allen xunto o componente de The Clash Mick Jones en 2009 para o disco compilatorio War Child: Heroes.

Mais non só se fixeron versións. "Straight to Hell" foi empregado como sample por M.I.A. no seu tema "Paper Planes" no álbum Kala de 2008.

martes, 29 de maio de 2012

Train in Vain

Trala eclosión do punk nos anos 70 en Reino Unido coa irrupción dos revolucionarios Sex Pistols, outras bandas británicas promoveron tamén a consolidación deste fenómeno en principio marxinal dentro do rock. Xunto a mencionada banda de Johnny Rotten e Sid Vicious e Jam, a banda de Paul Weller, destaca The Clash, liderados por Mick Jones, que en 1979 publicaban o seu terceiro traballo discográfico London Calling, que contén "Train in Vain", unha xoia ó final do álbum que non aparece no tracklist. Non por iso deixa de ser un dos temas máis importante e recoñecidos da banda británica, moi influente na historia do rock.


Versionada un número considerable de veces por artistas que recoñecen a influencia de The Clash no seu son, unha das máis destacadas é a que fixo Annie Lennox no seu disco de versións  Medusa (1995) dándolle un toque soul.


Como sample aparece na canción de Garbage "Stupid Girl" do seu debut Garbage (1995). A banda do produtor Butch Vig e Shirley Manson empregaron como base o ritmo da batería de "Train in Vain".


"Train in Vain" tamén foi adaptada ó portugués pola banda de rock brasileira Ira!, que a gravaron para un concerto acústico de MTV Brasil en 2004. Titulárona "Pra Ficar Comigo".