Un dos variados proxectos nos que se embarcou Norman Cook foi Beats International. Esta aventura de música electrónica apenas durou catro anos, pero foi o primeiro grupo no que Cook tivo contacto cos sintetizadores, a música funk, o electropop, que tanta axuda lle ía valer para desenvolverse noutros proxectos. Beats International xurdiu tralo remate de The Housemartins e precisamente por iso, a súa transcendencia é básica na carreira de Cook cara ós sons electrónicos que logo se haberían de reflectir tan ben en Fatboy Slim, a oesar de que a andaina de Beats International foi bastante breve. Só sacaron dous discos antes de disolverse. O primeiro foi Let Them Eat Bingo (1990) e tamén foi o que tivo máis éxito, grazas sobre todo a "Dub Be Good to Me", o single que conseguía mesturar a The Clash con The S.OS Band, dous grupos con estilos tan diferentes.
O tema de The Clash "The Guns of Brixton" é un nos que se apoiou "Dub Be Good to Me". Pertencente a London Calling (1984), "The Guns of Brixton" estrutura a través da melodía parte da canción de Beats International.
O outro alicerce que sostén "Dub Be Good to Me" é "Just Be Good to Me" de The S.O.S Band, que está en On the Rise (1983). Xa só o parecido no título indica que Beats International fixo unha revisión profunda deste tema aliñándoo de forma perfecta co de The Clash.
Esta última tamén foi orixe de numerosas cancións que empregaron as bases para temas novos. É o caso de "Just Be Good to Green" de Professor Green e Lily Allen, que está no álbum do primeiro Alive Till I'm Dead (2010).
Ningún comentario:
Publicar un comentario