The Human League redefiniron o seu son co terceiro disco Dare (1981) cara a un pop máis comercial. A fórmula saíulles ben, xa que lograron ter moita máis visibilidade nunhas listas de vendas onde predominaban os grupos da new wave, sen que o seu estilo sufrise unha transformación radical que afectase gravemente á credibilidade do grupo de Sheffield. Dare tivo numerosos singles, pero o máis recordado de todos despois de tantos anos é "Don't You Want Me", quizais tamén a canción máis coñecida de The Human League. Ademais, as constantes versións que se levan facendo da canción desde practicamente a súa publicación fan que sexa máis complicado que caia no esquecemento, polo que "Don't You Want Me" seguirá sendo por moito tempo unha das cancións máis representativas da new wave británica dos anos oitenta.
Como comentabamos antes, "Don't You Want Me" é un tema moi versionado, pero nesta ocasión imos quedar coa única que atopamos que non está en inglés. É a adaptación ó castelán que Tino Casal fixo no seu quinto e derradeiro disco, Histeria (1989), co título "No fuimos héroes".
Ningún comentario:
Publicar un comentario