Cunha posición cada vez máis influente, Sigur Rós publicaron o cuarto traballo da súa andaina Takk (2005) sabedores do impacto que haberían ter. O estilo suave das composicións do grupo islandés e a voz sedante de Jónsi fan que a música de Sigur Rós sexa moi atractiva para o sector audiovisual, especialmente para a publicidade, que ve nela un filón con inmensas posibilidades, de tal xeito que de vez en cando ata esquecen pedir permiso ós autores. Sen defraudar ás expectativas, Takk é dos mellores discos dos irlandeses e non supuxo ningunha sorpresa que a crítica o aclamase, así como que os singles que se escolleron para promocionalo, acadasen os postos máis altos das listas de Gran Bretaña e de Estados Unidos. "Hoppípolla" foi o terceiro single e pronto se converteu nunha das cancións favoritas dos seguidores de Sigur Rós.
Chicane fixo unha versión instrumental de "Hoppípolla" chamada "Poppiholla" no recompilatorio The Best of Chicane: 1996-2008 (2009) e que despois tamén aparecería no seguinte álbum de estudio deste produtor, Giants (2010).
Ningún comentario:
Publicar un comentario