Moi poucas cancións conseguen dar orixe a unha manchea de grandes temas derivadas da súa melodía e a súa estrutura. "Kansas City Blues", o blues de Jim Jackson que se publicou en 1927 pode presumir de estar detrás de grandes clásicos do blues e do rock e de inspirar outras cancións de nova factura baseadas na súa letra. Foi a primeira gravación que fixo Jim Jackson e tamén a máis influente de toda a súa carreira.
Dous anos despois a estela de "Kansas City Blues" comezaba a mostrarse no blues de Charley Patton "Going to Move to Alabama" (1929), que como vimos hai uns días tamén tivo o seu protagonismo en "Shake Your Moneymaker".
http://youtu.be/mhKGnLiApis
Habería de pasar máis dunha década para que a melodía de "Kansas City Blues" volvese emerxer, esta vez co ritmo máis acelerado. Hank Williams incorporouna a "Move It On Over" (1947).
http://youtu.be/t681jFKHOs8
Máis achegada a "Move It On Over" pero aínda con ecos dos blues anteriores, Bill Haley & His Comets gravaron en 1954 unha das máis grandes cancións do rock and roll, a incrible "Rock Around the Clock".
http://youtu.be/Ud_JZcC0tHI
Á vez, "Rock Around the Clock" tamén ten algo da composición de Leroy Anderson "The Syncopated Clock" (1947).
http://youtu.be/CrpdQngwk2g
"Rock Around the Clock" ten infinidade de versións, pero imos quedar con dúas en castelán e adaptadas de forma distinto, que tiveron un gran éxito no seu momento nos seus respectivos países. A primeira, de 1956, é de Gloria Ríos, unha artista mexicana que titulou a súa versión co nome de "El relojito".
http://youtu.be/GILybBOmMrc
A outra é a versión española de 1962 a cargo de Miguel Ríos cando aínda se facía chamar Mike Ríos e a gravou co título "Twist del reloj". Non deixa de ser unha coincidencia que tanto Gloria como Miguel teñan o mesmo apelido, así como a querencia polo tema de Bill Haley and His Comets.
http://youtu.be/QS0ydyQS_Qs
Con algunha reminiscencia de "Rock Around the Clock", anos despois Cheap Trick gravou "Clock Strikes Ten" no álbum In Color (1977).
http://youtu.be/x1bzkzUJ92w
Pero volvamos á orixe, ó blues de Jim Jackson, "Kansas City Blues". Como dicíamos tamén inspirou outras cancións apegadas ó blues que nada teñen que ver con "Rock Around the Clock", como é o caso de "Kansas City", tema de Leiber e Stollen que gravou por primeira vez Little Little Littlefield en 1952.
http://youtu.be/kTsfrPsikXc
A última e tamén das máis coñecidas é a de Janis Joplin, "Kansas City Blues", unha versión moi persoal desta artista.
http://youtu.be/PAYUbqnufgI
http://youtu.be/mhKGnLiApisHabería de pasar máis dunha década para que a melodía de "Kansas City Blues" volvese emerxer, esta vez co ritmo máis acelerado. Hank Williams incorporouna a "Move It On Over" (1947).
Máis achegada a "Move It On Over" pero aínda con ecos dos blues anteriores, Bill Haley & His Comets gravaron en 1954 unha das máis grandes cancións do rock and roll, a incrible "Rock Around the Clock".
Á vez, "Rock Around the Clock" tamén ten algo da composición de Leroy Anderson "The Syncopated Clock" (1947).
"Rock Around the Clock" ten infinidade de versións, pero imos quedar con dúas en castelán e adaptadas de forma distinto, que tiveron un gran éxito no seu momento nos seus respectivos países. A primeira, de 1956, é de Gloria Ríos, unha artista mexicana que titulou a súa versión co nome de "El relojito".
A outra é a versión española de 1962 a cargo de Miguel Ríos cando aínda se facía chamar Mike Ríos e a gravou co título "Twist del reloj". Non deixa de ser unha coincidencia que tanto Gloria como Miguel teñan o mesmo apelido, así como a querencia polo tema de Bill Haley and His Comets.
http://youtu.be/QS0ydyQS_QsCon algunha reminiscencia de "Rock Around the Clock", anos despois Cheap Trick gravou "Clock Strikes Ten" no álbum In Color (1977).
Pero volvamos á orixe, ó blues de Jim Jackson, "Kansas City Blues". Como dicíamos tamén inspirou outras cancións apegadas ó blues que nada teñen que ver con "Rock Around the Clock", como é o caso de "Kansas City", tema de Leiber e Stollen que gravou por primeira vez Little Little Littlefield en 1952.
http://youtu.be/kTsfrPsikXcA última e tamén das máis coñecidas é a de Janis Joplin, "Kansas City Blues", unha versión moi persoal desta artista.
Ningún comentario:
Publicar un comentario