Amosando publicacións coa etiqueta R. Kelly. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta R. Kelly. Amosar todas as publicacións

mércores, 27 de maio de 2015

Did You Ever Think

Tras acadar un enorme recoñecemento pola canción "I Believe I Can Fly", que contribuíu á banda sonora da película Spacejam (1997), a carreira de R. Kelly experimentou un impulso notable e os seus seguintes traballos discográficos espertaron a atención mesmo de sectores para ós que había pouco o nome deste cantante de R&B non lles dicía nada. O forte tirón de "I Believe I Can Fly" fixo que o dobre álbum en que estaba incluída fose dos máis vendidos en 1998. Trátase de R, o terceiro disco de R. Kelly e o que marcou un punto de inflexión na andaina deste músico. Pero ademais do espectacular single que o deu a coñecer, en R hai outros bos temas como "Did You Ever Think", dos máis versionados de R. Kelly.


Unha das versións máis importantes de "Did You Ever Think" que se teñen feito é a que deu a coñecer ó cantante italiano Tiziano Ferro, quen a trasladou ó seu idioma co título de "Perdono", single de presentación do seu debut Rosso Relativo (2001).

mércores, 30 de xullo de 2014

Happy

Podería pensarse que na década dos 80 o soul quedara relegado da primeira liña musical, como un xénero en decadencia debido ó importante auxe que collera sobre todo o hip hop, pero nada máis lonxe da realidade. As grandes discográficas aínda conseguían atopar novas voces, algunhas incluso espectaculares que as convencían de seguir renovando un estilo que vivira unha época de esplendor anos antes. Nesa busca permanente aparecen grupos coma o trío de Nova Jersey Surface, dispostos a escribir unha nova páxina na histora do soul, malia que despois a andaina de Surface foi máis ben discreta. No álbum co que debutaron, Surface (1986), apuntaban boas maneiras, especialmente en "Happy", a súa canción máis coñecida de longo. A mágoa é que agora con ese título a xente pensa antes na canción de Pharrel Williams, aínda que iso é outro asunto.


A canción de Surface sufriu unha revisión uns anos máis tarde por parte de R. Kelly, que lle fixo un lavado de cara, a pesar de que non conseguiu mellorala. Co título de "Only the Loot Can Make Me Happy", aparecía no álbum R. (1998), un dos máis exitosos da carreira deste cantante, grazas sobre todo ó incluírse "I Believe I Can Fly", canción principal da película Spacejam (1996), coa que acadou sona en todo o planeta.