Tras acadar un enorme recoñecemento pola canción "I Believe I Can Fly", que contribuíu á banda sonora da película Spacejam (1997), a carreira de R. Kelly experimentou un impulso notable e os seus seguintes traballos discográficos espertaron a atención mesmo de sectores para ós que había pouco o nome deste cantante de R&B non lles dicía nada. O forte tirón de "I Believe I Can Fly" fixo que o dobre álbum en que estaba incluída fose dos máis vendidos en 1998. Trátase de R, o terceiro disco de R. Kelly e o que marcou un punto de inflexión na andaina deste músico. Pero ademais do espectacular single que o deu a coñecer, en R hai outros bos temas como "Did You Ever Think", dos máis versionados de R. Kelly.
Unha das versións máis importantes de "Did You Ever Think" que se teñen feito é a que deu a coñecer ó cantante italiano Tiziano Ferro, quen a trasladou ó seu idioma co título de "Perdono", single de presentación do seu debut Rosso Relativo (2001).
Ningún comentario:
Publicar un comentario