Tralo terremoto que supuxo a aparición de Sex Pistols no panorama musical, moitas bandas apuntáronse ó novo estilo, a vertente máis irreverente do rock que lle confería o punk. Así que seguindo a estela do proxecto posto en marcha por Malcolm McLaren, xurdiron novas bandas coma The Jam, The Damned e Buzzcocks, dispostas a facer do punk un mundo á parte do conformismo en que caera o rock nas últimas décadas, totalmente acomodado a un sistema ó que se enfrontara nas súas orixes. Pois ben, o punk reivindicaba ese espazo de rebeldía contra todo o establecido, mesmo contra a postura aburguesada do rock. Nese contexto, Buzzcocks debutaba cun EP titulado Spiral Scratch (1977), que contiña unha das cancións emblema da banda, "Boredom".
https://youtu.be/QoYiQ8Qsozk
Orange Juice, unha banda escocesa que se orixinou uns anos máis tarde con Edwyn Collins ó frente, pero máis encamiñada ós sons funk, collen de referencia algúns acordes de "Boredom" para a canción que titula o seu segundo álbum, Rip It Up (1982).
https://youtu.be/ESy-Z8vqMrE
A súa vez, Beberly Knight toma varios elementos de "Rip It Up" para darlle forma á canción "In Your Shoes", single do álbum 100% (2009).
https://youtu.be/SSyAqkTVK9Q

Ningún comentario:
Publicar un comentario