"My Little Red Book" é un éxito menor dentro da extensa andaina de Burt Bacharach e Hal David como compositores de grandes artistas. Cando as bandas británicas de pop e rock revolucionaron o panorama musical dos sesenta, este dúo considerou a posibilidade de colaborar tamén cos grupos emerxentes e un dos afortuandos foi Manfred Mann, que en 1965 recibiu a canción e gravouna para a banda sonora da película What's New Pussycat?, da que Bacharach e David se encargaban. De feito, os compositores serían candidatos ós Oscar pola canción que lle dá título a película e que interpetou Tom Jones. Non obstante, "My Little Red Book" tería unha nova vida na voz de Arthur Lee e da súa banda, Love, un ano despois.
Meses antes da publicación do sensacional álbum Da Capo (1966) Love debutaba cun primeiro disco epónimo onde ademais das composicións de Arthur Lee, predominaban a doutros autores, como a versión de "My Little Red Book" firmada pola prestixiosa parella formada por Burt Bacharach e Hal David.
Pink Floyd deformou o riff de guitarra da versión de Love ata case volvelo irrecoñecible nunha das partes de "Interstellar Overdrive", un dos temas da ópera prima da banda The Piper at the Gates of Dawn (1967).
Ningún comentario:
Publicar un comentario