mércores, 20 de maio de 2015

Porque te vas

Por cousas da vida, Jeanette, unha moza inglesa establecida en Estados Unidos, fixo unha viaxe a España a mediados dos sesenta que ía supoñer un novo chanzo no desenvolvemento do pop nun país que trataba de modernizarse en tódolos aspectos, pese os atrancos políticos. En Barcelona, Jeanette tomou contacto con xente do mundo das discográficas que viron moitas posibilidades na doce voz daquela rapaza
. Naceu así a banda xuvenil Pic-Nic, que tivo algún éxito a finais desa década. Superada esa etapa, Jeanette comezou unha carreira como solista uns anos despois cun single titulado "Soy rebelde" (1971), cuxo éxito en medio mundo colleu por sorpresa tanto á cantante, o afamado compositor Manuel Alejandro e á discográfica. Tres anos máis tarde, Jeanette volvía repetir éxito desta volta con "Porque te vas" (1974), unha canción doutro dos compositores máis prestixiosos da época, Perales, que foi gravada en distintos idiomas e que hoxe vos presentamos. Malia que a carreira de Jeanette se estendeu varios anos máis con bos discos, ningún acadou a sona destas dúas cancións. 


Natalia Lafourcade é unha das cantantes mexicanas máis importantes dos últimos anos, xunto con Julieta Venegas e Ximena Sariñana. Este ano acaba de sacar disco novo, Hasta la raíz (2015), onde a canción "Nunca es suficiente" ten certas reminiscencias de "Porque te vas" no comezo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario