Das faíscas que quedaron do proxecto de ópera rock, Lifehouse, que The Who pretendía pór en marcha, saíu o álbum Who's Next (1971), que sen posuír a fastuosidade de Tommy, é un dos grandes discos da banda de Pete Townshend e Roger Daltrey, unha marabillosa transición ata Quadrophenia, o seguinte álbum e desta volta, si unha nova ópera rock á altura de Tommy. Who's Next estreábase con single "Won't Get Fooled Again", precisamente o tema que pecha o álbum e que estaba destinado a pórlle o punto final a Lifehouse.
"Won't Get Fooled Again" non ten a popularidade de "Baba O'Riley", o segundo single de Who's Next, pero como a maioría das cancións de The Who goza dun gran recoñecemento entre outros artistas, que tamén a versionaron nalgunha ocasión. A máis coñecida é a de Labelle en clave soul no álbum Moon Shadow (1972).
As novas xeracións de músicos tampouco se esquecen de The Who e da influencia que exerce. A canción de McFly "I'll Be OK", do álbum Wonderland (2005) ten un comezo que remite a "Won't Get Fooled Again".
Ningún comentario:
Publicar un comentario