Como xa comentamos moitas veces non sempre as cancións escritas especificamente para o cinema teñen moita máis relevancia, pero ese non é o caso de "I Only Have Eyes for You", escrita por Al Dubin e musicalizada por Harry Warren para a película de 1934 Dames. O caso é que é un dos temas máis versionados desde uns cantos anos despois da súa aparición nas pantallas e ese magnetismo aínda se mantén, xa que adoita aperecer de vez en cando con distintas versións en diferentes películas e capítulos de series. Unha das primeiras en versionala foi Billie Holiday no álbum Billie Holiday Sings (1952).
A de The Flamingos serviu para que esta banda de Chicago se presentase en sociedade e, de feito, aínda é na actualidade a versión máis coñecida de "I Only Have Eyes for You". Pertence ó seu primeiro album, Flamingo Serenade (1959).
Se a de Holiday está en clave jazz e a de The Flamingos é un bo exemplo de doo-wop, a maioría das versións son máis ben baladas pop cantadas por músicos da talla de Doris Day, Art Garfunkel, Ella Fitzgerald e Rod Stewart, entre outros. Talvez por iso sorprende un pouco que unha banda de rock como Mercury Rev fixese unha versión, aínda que respectando o ritmo clásico que a canción ten desde as primeiras versións. Gravárona na cara B do single "Goddess on a Hiway", single do álbum Deserter's Songs (1998).
Rahassan Patterson é o autor dunha das últimas versións e tamén das máis innovadoras que se fixeron de "I Only Have Eyes for You". É a canción que abre o último disco deste artista, Bleuphoria (2011).
Ningún comentario:
Publicar un comentario