Amosando publicacións coa etiqueta The Verve. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta The Verve. Amosar todas as publicacións

luns, 23 de marzo de 2015

On Time

Antes de que a febre do sábado noite transformase ós Bee Gees en adalides da música disco pop, o grupo dos irmáns Gibb tiveron unha etapa hoxe case esquecida dedicada por completo ó blues e o rock, estilos que marcaron os seus comezos. Tras intentalo en Australia, onde a familia se trasaladara cando eran uns nenos, regresaron a Gran Bretaña en 1966 e o ambiente musical que se respiraba entón na alí callou rapidamente no grupo, que non tardou en relanzar unha carreira musical con algúns éxitos menores, pero cada vez máis importantes a medida que se ían asentando. Unha canción notable que finalmente non incluíron en ningún disco é "On Time", single de 1972, unha das composicións de Maurice Gibb.


Non hai moitos anos, sobre a base de "On Time", Richard Ashcroft, ex líder de The Verve, compuxo "Are You Ready?", unha canción para a banda sonora da película The Adjustment Bureau (2011).

xoves, 22 de maio de 2014

The Four Horsemen

Na actualidade Vangelis e Demis Roussos son dous reputados músicos gregos que souberon levar o país helénico a un sitio destacado dentro do panorama musical internacional, mais ámbolos dous músicos, xunto con Loukas Sideras e Anargyros Koulouris tiveron unha orixe común: Aphrodite's Child, sen dúbida unha das bandas máis influíntes desde finais dos anos 60. E non obstante, Aphrodite's Child non tivo unha traxectoria moi longa, porque os membros pronto decidiron seguir facendo música por separado, e tan só  en cinco anos a andaina de Aphrodite's Child rematou con tres discos para a posteridade. No último, o dobre álbum 666 (1972) co que se despedían, atópase "The Four Horsemen", unha das cancións máis recordadas da breve pero intensa carreira de Aphrodite's Child.

http://youtu.be/QVExlaxaweo

A influencia concreta de "The Four Horsemen" deixou pegada en dúas dúas cancións das últimas décadas. Para a banda de Richard Ashcroft, The Verve, a canción "The Rolling People", que aparece no exitoso Urban Hymns (1997) dos británicos, debe boa parte da inspiración á de Aphrodite's Child.

http://youtu.be/8p7jMXnLewY

O mesmo se pode comentar do tema de Beck "Chemtrails", do álbum Modern Guilt (2008) cuxo son remite de maneira clara á canción dos gregos.

xoves, 1 de agosto de 2013

Lucky Man

En plena voráxine do brit pop a mediados dos anos 90, grupos coma Oasis, Blur, Suede e Pulp trascenderon as fronteiras británicas para triunfar no resto no continente e tamén facerse un pequeno oco no mercado americano. The Verve, unha desas bandas que tamén comezou a súa andaina en torno a 1990 e polo tanto, estaba no centro do movemento, non acadou un certo recoñecemento internacional ata que publicou o seu terceiro disco Urban Hymns en 1997. O potente single de presentación "Bitter Sweet Symphony" abriulle tódalas portas á banda de Richard Ashcroft e mesmo os Rolling Stones tentaron sacar proveito desa canción, como vimos no seu día. Mais Urban Hymns non se reducía só a esa canción, senón que o álbum esta composto por outros formidables temas como "Lucky Man".


O músico británico Josh Osho baseou a súa canción "Redemption Days" no tema de The Verve. Con ela presentaba o seu disco de debut L.I.F.E  en 2011.

venres, 3 de maio de 2013

Mind Games

A disolución dos Beatles non supuxo unha eiva para ningún dos seus membros que non tardaron en emprender carreiras en solitario bastante afortunadas por parte dos catro. John Lennon deu sinais moi pronto de que as musas non o abandonaron e a súa actividade compositiva foi frenética. En 1973 xa levaba catro discos publicados. Mind Games ábrese coa canción que lle dá título contén unha melodía que Lennon creara para outras cancións, aínda que finalmente acabou aproveitándoa para este tema.


Para The Verve, como para milleiros de bandas en todo o mundo, os Beatles e as andainas de John, Paul, George e, en menor medida, Ringo, é unha fonte de inspiración inesgotable. "History", unha das cancións principais do segundo disco de The Verve A Nothern Soul (1995) así o consta xa que toda a canción ten un estilo moi "beatle" e principalmente as primeira notas parecen remitir a "Mind Games".

venres, 8 de marzo de 2013

Even Better than the Real Thing

U2 acadou as cotas máis sublimes da música coa publicación de Achtung Baby en 1991. Se todo o traballo anterior fora alabado tanto polo público como pola crítica, o sétimo álbum da banda irlandesa marcou un antes e un despois, converténdose no disco que calquera artista lle gustaría gravar. Por iso non sorprende que moitas das cancións dese disco sexan todo un referente, non só para indicar o mellor de U2, senón tamén por que moitas outras bandas e artistas se fixaron especialmente en Achtung Baby na procura de inspiración. Por exemplo "Even Better than the Real Thing", que non é das cancións máis importantes, tamén serviu de inspiración no seu momento.


En 1992, xusto cando Achtung Baby dominaba as listas de vendas, unha banda de Wigan, de nome The Verve, formada uns anos antes e á espera de lanzar un disco de longa duración que vería a luz un ano despois, sacaban ó mercado o single "All in the Mind", claramente inspirada na canción de U2. Por sorte, a banda de Richard Ashcroft conseguiría moi pronto un son propio.

martes, 1 de marzo de 2011

The Last Time / Bitter Sweet Symphony

"The Last Time", canción dos Rolling Stones, que saíu como single en 1965 no álbum Out of  Our Heads, ten un peculiar riff composto polo guitarristra Brian Jones. Dado que os Rolling é unha das bandas máis prolíficas de todos os tempos, (levan dando guerra dende 1962, con vinte e catro discos ás súas costas, numerosas xiras, e non parece que Mick Jagger e compañía anden pensando na xubilación), esta canción non era precisamente das máis recordadas, ata que en 1997, cando o brit-pop xa comezaba a esmorecer, a banda liderada por Richard Ashcroft, The Verve, sacou o seu primeiro álbum Urban Hymns, que contiña o seu rechamante single "Bitter Sweet Symphony". E a partir de aí, xurdiu  a polémica. O ex manáger dos Rolling, Andrew Loog Oldham e Allen Klein, propietario dos dereitos do material dos Rolling da década dos 60, demandaron a The Verve por apropiarse dos  acordes de "The Last Time". Para non chegar a xuízo, The Verve renunciou ós créditos e entregoullos a Mick Jagger e a Keith Richards.

A continuación, o tema dos Rolling Stones:


E agora, Bitter Sweet Symphony:


E por que esa caza cara a The Verve, se en principio ámbalas dúas composicións non se parecen en nada? O motivo débese á versión que Andrew Oldham Orchestra fixo de "The Last Time" no álbum The Rolling Stones Songbook (1965) onde introduce uns arranxos de ventos que polo visto motivaron ós the "The Bitter  Sweet Symphony".