En plena voráxine do brit pop a mediados dos anos 90, grupos coma Oasis, Blur, Suede e Pulp trascenderon as fronteiras británicas para triunfar no resto no continente e tamén facerse un pequeno oco no mercado americano. The Verve, unha desas bandas que tamén comezou a súa andaina en torno a 1990 e polo tanto, estaba no centro do movemento, non acadou un certo recoñecemento internacional ata que publicou o seu terceiro disco Urban Hymns en 1997. O potente single de presentación "Bitter Sweet Symphony" abriulle tódalas portas á banda de Richard Ashcroft e mesmo os Rolling Stones tentaron sacar proveito desa canción, como vimos no seu día. Mais Urban Hymns non se reducía só a esa canción, senón que o álbum esta composto por outros formidables temas como "Lucky Man".
O músico británico Josh Osho baseou a súa canción "Redemption Days" no tema de The Verve. Con ela presentaba o seu disco de debut L.I.F.E en 2011.
Ningún comentario:
Publicar un comentario