mércores, 7 de agosto de 2013

(Love Is Like a) Heat Wave

Nos anos 60 os grupos vocais femininos viviron unha época de esplendor que non se volveu recuperar nos anos seguintes. As Ronettes, as Shangri-Las, as Syrelles, Poney Tail, as Supremes Martha and the Vandellas. O selo Tamla Motown foi o que máis apostou por este tipo de grupos e o formado por Martha Reeves foi un dos máis populares, facéndolle sombra, iso si, a Diana Ross coas Supremes. En 1963 saíu o segundo disco de Martha and the Vandellas Heat Wave, que inclúe o single "(Love Is Like a) Heat Wave", un dos máis influentes na música.


Unha das primeiras cancións que recibiron a influencia de "(Love Is Like a) Heat Wave" foi o coñecido tema de The Lovin' Spoonful "Do You Believe in Magic" en 1965 e que aparece no álbum do mesmo título.


Xa máis recentemente, atopamos a canción de Doves "Black and White Town", do álbum Some Cities (2005) cun son máis achegado á canción de Martha and the Vandellas que a de The Lovin' Spoonful.


Solange Knowles, que trata de afastarse das comparacións coa súa irmá Beyoncé, tamén aproveitou o son de"(Love Is a) Heat Wave" no seu tema "I Decided", do álbum Sol-Angel and the Hadley St. Dreams (2008).

Ningún comentario:

Publicar un comentario