Cada vez queda menos para o esperado cuarto disco de Arcade Fire, que con toda probabilidade, sairá no mes de outubro. E para face-la espera máis levadeira, non está nada mal recuperar o segundo single do seu anterior álbum The Suburbs (2010), o potente "Ready to Start", co que en moitos concertos a banda dos irmáns Will e Win Butler e Régine Chassagne, xunto cos demais membros Sarah Neufeld, Jeremy Gara, Tim Kingsbury e Richard Parry, arrincaban a súa actuación.
E é que sen dúbida, o feito curioso das últimas semanas que nos fai recordar que pronto se volverá falar moito de Arcade Fire é a excelente versión que de "Ready to Start" acaba de facer Tears for Fears. A veterana banda comandada por Roland Orzabal animouse a trasaldar a canción de Arcade Fire ó seu estilo no anticipo do seu vindeiro disco To Be Anounced que tamén saíra á venda proximamente. Unha forma intelixente de que o último traballo dunha das grandes bandas dos 80 non pase desapercibido.
Ningún comentario:
Publicar un comentario