Poucas cancións con menos de quince anos conseguiron a transcendencia de "Clocks" na música. A canción de Coldplay que aparece no segundo disco do grupo inglés A Rush of Blood to the Head (2002) está considerada hoxe un clásico recente debido, sobre todo, á cantidade de cancións que inspirou ou que se serviron dela, todo en apenas uns poucos anos. Sen dúbida, a aposta de Chris Martin por esta canción para achegarse ó son de Muse saíulle moi ben. Ós que aínda non se convenceran do potencial de Coldplay conseu primeiro disco e os dous primeiros singles do segundo, caeron rendidos ante "Clocks", que co tempo, quedará como unha das mellores cancións da primeira década deste século.
Un dos primeiros exemplos desa transcendencia de "Clocks" vén, como non, do hip hop. Xa en 2004 Brandy sampleouna na canción "Should I Go", do álbum Afrodisiac.
No mundo latino tamén temos unha pequena mostra. A canción "Te voy a perder", do mexicano Alejandro Fernández comeza cun son de piano que recorda moito á de Coldplay. Pertence ó disco Viento a Favor (2007).
David Guetta, como especialista en incluír samples coñecidos nas súas cancións, tamén se inspirou en "Clocks" para o seu arquicoñecido "When Love Takes Over", cantado pola ex integrante de Destiny's Child Kelly Rowland no álbum No One (2009).
Tamén de 2009 é a canción que Lupe Fiasco canta xunto con Matthew Santos. "Shining Down" pertence ó album Lasers.
Ningún comentario:
Publicar un comentario