O álbum Natty Dread de 1974 supuxo un momento de transición para Bob Marley. Por primeira vez, o disco editábase baixo o nome Bob Marley & The Wailers, resaltando así o carisma e a importancia que Marley exercía por onde pasaba. Por outro lado, tamén influíu neste cambio de nome a marcha doutros dous componentes de peso coma Bunny Wailer e Peter Tosh. E postos a innovar, Natty Dread tamén é o primeiro disco de Bob Marley que conta coa participación do trío en que cantaba a súa muller Rita, I Trees. Con todos estes cambios, o lanzamento de Natty Dread levantou unha gran expectación no selo Atlantic, pois Chris Blackwell, o produtor e dono da discográfica, non sabía como ía responder o público maila crítica, pero Natty Dread contiña un temazo, que habería de quedar para a posteridade como un dos grandes himnos da carreira de Marley: "No Woman No Cry".
Un ano despois, Bob Marley & The Wailers publicaron o disco en directo Live! con algunhas das súas mellores cancións, onde non faltaba "No Woman No Cry". A publicación da versión en concerto pronto acadou cotas de popularidade superiores á da versión no estudio, e de feito, hoxe practicamente só soa á versión en directo: http://youtu.be/SV2hshsChlk
Das versións que outros artistas gravaron no estudio para un álbum, a que máis repercusión tivo foi a de Fugees' no seu exitoso primeiro disco The Score (1996), onde Wyclef Jean fai unha interpretación marabillosa.
Baseada no son de "No Woman No Cry" atopamos unha das cancións máis famosas de The Police, "So Lonely", pertencente a Outlandos d'Amour (1978). A base está tan ben camuflada que é complicada notar o parecido na primeira escoita.
http://youtu.be/fz0DFefft2E
"No Woman No Cry" tamén está na base dunha das cancións que Andrés Calamaro gravou no álbum Honestidad Brutal (1999).
Ningún comentario:
Publicar un comentario