Con Space Oddity, o disco publicado en 1969, David Bowie comezou a labrar unha traxectoria que o ía consagrar como un dos grandes artistas de todos os tempos, cun estilo persoal totalmente revolucionario. Era o segundo álbum que Bowie lanzaba ó mercado, ademais dalgúns singles soltos que o camaleónico artista fora editando anteriormente, pero a súa escoita xa deixaba entrever que Bowie ía dar moito que falar nos anos seguintes. A colaboración con Tony Visconti, o seu produtor de cabeceira, tornouse nunha sorte de feliz encontro que se habería de celebrar nos vindeiros traballos discográficos. Space Oddity péchase con "Memory of Free Festival", que saíu como single xa en 1970 cando o álbum xa conquistara a un milleiros de persoas.
Hai unha canción baseada nesta de Bowie. Dario G, que no disco debut, acadaran un éxito en toda Europa con "Sunchyme", baseado á sua vez nunha canción de The Dream Academy, como xa vimos no seu día, tamén recuperaran o tema de Bowie baixo o título "Sunmachine", que ademais é o nome do álbum, que se publicou en 1998.
Ningún comentario:
Publicar un comentario