The Connells é unha banda estadounidense que desde os anos 80 encandilan ós seus seguidores cunha mestura de pop, folk e rock, pero a pesar da boa música que fan só triunfaron en Europa cun single inesquecible que fixo que moitos desexasen que esta banda conseguise algo máis de éxito no vello continente. Ese single é "74-75" que aparece no álbum publicado en 1993 Ring. Unha canción nostálxica que fala dun tempo que recentemente quedou atrás, dedicado ó curso 74-75. En Europa coñeceuse dous anos despois, no verán de 1995.
O ano pasado presentouse unha canción cun son que, por momentos, nos fai recordar o temazo de The Connells. Esa canción é "Let Her Go", do cantautor inglés Mike Rosenberg, que canta baixo o nome de Passenger, a antiga banda que formou en 2003 con Andrew Phillips. En 2009 Phillips deixou a banda e Rosenberg, que quedou como solista, continuou co proxecto sen necesidade de cambiarlle o nome. En 2012 Passenger acadou o éxito co álbum All the Little Lights que contén o xa popular "Let Her Go". Por certo, a voz de Mike Rosenberg tamén lembra moito a de James Taylor.
Ningún comentario:
Publicar un comentario