Con moita frecuencia, a literatura ten un poder inmenso para inspirar cancións. Son milleiros ás letras baseadas nalgunha historia escrita previamente, que cobran unha forma nova como cancións contemporáneas. Un exemplo é "Rhiannon", do álbum epónimo de Fleetwood Mac. Stevie Nicks escribiuna tras ler unha novela de Mary Leader, titulada "Triad", que á vez se basea nalgunhas lendas medievais galesas. Foi un momento importante, xa que había pouco tempo que Nicks se acababa de unir a Fleetwood Mac e o grupo estaba en pleno proceso de refundación e esta foi unha das primeiras contribucións que Stevie Nicks lle fixo ó proxecto.
A historia mitolóxica de Rhiannon engaiolou de tal xeito a Steve Nicks que uns anos despois volveu escribir sobre ela noutra canción de Fleetwood Mac. Foi no emblemático disco Tusk (1980) e chámase "Angel", curiosamente un título que Fleetwood Mac xa tiña no seu repertorio anterior á chegada de Steve Nicks.
Pero volvendo a "Rhiannon" e mais en concreto ó seu son, veremos que se reproduce tamén na canción de Hole "Starbelly", do álbum Pretty on the Inside (1991). Pódese dicir que en realidade é un fragmento de "Rhiannon" conservando á voz de Stevie Nicks ó que Courtney Love e as súas colegas só se limitaron a engadirlle unhas cantas guitarras eléctricas, algo que non só reducen á canción de Fleetwood Mac, xa que tamén o combinan co riff de guitarra de "Cinnamon Girl", o tema de Neil Young pertencente a Everybody Knows This Is Nowhere (1969).
Ningún comentario:
Publicar un comentario