Igual que en "Seek and Destroy", Metallica volveu demostrar unha vez máis que sabía sintentizar os acordes de dúas cancións nunha nova que apenas facía pensar nas fontes orixinais. Iso repetiuse con "The Memory Remains", un dos trallazos que se inclúen en ReLoad, o disco que a banda californiana lanzou en 1997. Escrita por Lars Ulrich e James Hetfield, o novo traballo presentouse con esta canción e ó pouco tempo, xa estaban gravando unha versión con Marianne Faithfull.
Pero imos a esas fontes das que bebe "The Memory Remains". Unha delas trátase dunha canción que os propios rapaces de Metallica gravaron no álbum Ride the Lightning (1984) e que foi o single de presentación dese disco. A canción é "Fade to Black" e a melodía, desde logo, é moi semellante a de "The Memory Remains".
O outro tesouro que garda "The Memory Remains" é un dos grandes temas de heavy métal de todos os tempos. É a fabulosa "Sabbath Bloody Sabbath" dos non menos magníficos Black Sabbath. A banda do irreverente Ozzy Osborne incluína no disco do mesmo nome e que publicaron a finais de 1973. A influencia do riff de guitarra que esta canción exerceu na balada de Metallica tamén se percibe de xeito notable.
Ningún comentario:
Publicar un comentario