A banda americana Sparks acadou o estrelato co terceiro álbum que publicaron. Kimono My House (1974). Nel brilla a canción "This Town Ain't Big Enough for Both of Us", un dos grandes éxitos escritos por Ron Mael, que xunto co seu irmán Russell decidira emprender o proxecto musical de Sparks a finais dos anos 60. "This Town Ain't Big Enough for Both of Us" non pasa desapercibido co paso do tempo, xa que é un emblema do glam rock, que tan de moda estaba nese momento. Os arranxos orquestrais, a cargo de Tony Visconti, que colaborou co produtor do disco Muff Winwood, así como a melodía, fan desta canción unha xoia.
En 1997 Sparks gravaron novas versións das súas cancións máis representativas nun álbum que levaba o suxerente título de Plagiarism. Para "This Town Ain't Big Enough for Both of Us" contaron coa colaboración de Faith No More, que lle deu á canción un aire novo.
Aínda que unha das versións máis significativas que se realizaron deste éxito de Sparks é a de Siouxsie and the Banshees no álbum de versións Through the Looking Glass (1987).
Ningún comentario:
Publicar un comentario