A finais dos anos 60 cando o flowerpower estaba no seu máximo apoxeo e a psicodelia dominaba o rock, os neerlandeses Shocking Blue colaron as súas cancións nas listas de vendas internacionais, marcadas sobre todo por grupos e artistas británicos e estadounidenses. Pero a súa maneira de facer música, unido á voz envolvente de Mariska Veres e ás letras de Robbie van Leeuwen situáronos nun lugar privilexiado que lles gardaría un lugar na historia. Con "Love Buzz", unha das primeiras cancións que sacaron e que pertence ó disco At Home (1969) conseguiron á entrada ó Olimpo da música.
Esta canción está ligada de forma especial ós comezos dunha das bandas míticas dos anos 90. Como non, falamos de Nirvana. En 1988, cando a banda de Seattle liderada por Kurt Cobain sacaron o seu primeiro disco Bleach, incluíron unha versión espectacular da canción de Shocking Blue, que ademais foi lanzada como single de presentación.
Pero a historia de "Love Buzz" chega á primeira década deste século XX. En 2004 The Prodigy emprega un sample para a canción "Phoenix", do álbum Always Outnumbered, Never Outgunned.
The Prodigy non haberían de ser os últimos en empregar "Love Buzz" para as súas cancións. Lil' Kim recorre á canción de Shocking Blue no seu "Kitty Box", do álbum The Naked Truth (2005).
Ningún comentario:
Publicar un comentario