O terceiro disco de Blondie Parallel Lines (1979) é un bo exemplo do mellor pop-rock de finais dos 70. Non obstante, hai un tema que destaca por riba dos demais e que adentra á banda de Debbie Harry nos sons máis achegados ó son discotequeiro. Ese tema é "Heart of Glass", hoxe convertido nun clásico e nunha das cancións máis emblemáticas de Blondie. Malia que foi das primeiras cancións escritas por Deborah Harry e Chris Stein varios anos antes, houbo que esperar a traballar con Mike Chapman para que se animasen a incluíla no terceiro disco de Blondie. Co tempo confirmouse que foi unha decisión acertada.
Hai versións en case tódolos estilos da canción de Blondie. Destaca a versión punk de Me First and the Gimme Gimmes no álbum Ruin Jonny's Bar Mitzvah (2004).
Algo máis tranquila, en clave jazz e instrumental, é a verisón de The Bad Plus no álbum These are the Vistas (2003).
No capítulo de samples, "Heart of Glass" tamén ten unha boa ración. Na que mellor se aprecia é na canción de Natalie Bassingthwaighte "Supersensual", no álbum 1000 Stars (2009).
http://youtu.be/aHCpOnKbPGA
E tamén a "Heart of Glass" débelle moito a canción de Arcade Fire "Sprawl II (Mountains Beyond Mountains)", do álbum The Suburbs (2010). O estilo co que Régine Chassagne a canta lembra moito ó de Debbie Harry.
http://youtu.be/rH_7_XRfTMs
E tamén a "Heart of Glass" débelle moito a canción de Arcade Fire "Sprawl II (Mountains Beyond Mountains)", do álbum The Suburbs (2010). O estilo co que Régine Chassagne a canta lembra moito ó de Debbie Harry.
http://youtu.be/rH_7_XRfTMs
Ningún comentario:
Publicar un comentario