A canción que lle dá título ó sexto álbum de The Alan Parsons Project, de 1982, é a máis coñecida da banda. Escrita e producida por Alan Parson e por Eric Woolfson, que tamén lle pon á voz, a inspiración véulles cando se deron de conta da cantidade de cámaras de seguridade ocultas que había en tódolos sitios, xa fosen tendas, casinos e sucursais bancarias. Non está moi claro se tamén a novela de George Orwell 1984 influíu na temática da canción, porque o certo é que faltaba pouco para ese ano. En calquera caso, The Alan Parsons Project sumábanse con esta canción a lista de visionarios que agoiraban un futuro dominado por un ollo que todo o ve, malia que quizais non se imaxinaban nin moito menos o que se habería de vivir nas primeiras décadas do século XXI e tan de moda estes días. En fin, que a marxe da letra, "Eye in the Sky" é hoxe un clásico da música.
Antes de repasar algunha melodía inspirada en "Eye in the Sky", rescatamos unha das mellores versións que se fixeron dela. A de Noa, no álbum Now (2002).
Recentemente, moitos sinalan que "Need You Now", de Lady Antebellulm, reproduce a melodía de "Eye in the Sky", deixando de lado os samples que teñen empregado algúns artistas de hip hop. A banda de country pop fíxose mundialmente coñecida por esta canción que lle dá título ó seu segundo disco, que se editou en 2010.
Ningún comentario:
Publicar un comentario