Sen esquecernos do día dedicado a Nelson Mandela polo seu aniversario, está ben recordar algunhas das cancións que se fixeron para protestar contra a política do apartheid que sufriu Sudáfrica durante tanto tempo. Un dos primeiros músicos en volver a ollada cara Sudáfrica foi Peter Gabriel, que sempre se caracterizou por ter moi presente o continente africano na súa carreira; de feito, a el lle debemos que nos descubrise a Youssou N'Dour. En 1980 no seu disco homónimo Peter Gabriel incluíu unha canción memorable dedicada a un dos maiores activistas que loitou contra o apartheid, Steve Biko. "Biko" converteuse así nun himno a prol dos dereitos civís, unha canción que avoga por erradicar o racismo, non só da sociedade sudafricana, senón en todo o mundo.
Unha das versións máis curiosas que se fixeron de "Biko" débese ó grupo xermano BAP, en 1988. Wolfgang Niedecken, o seu líder, traduciu a letra ó alemán, quedándolle así. Aparece no álbum Da Capo dese mesmo ano.
O espíritu que levou a Peter Gabriel a compór "Biko" inspirou a Steve Van Zandt, un dos componentes da E Street Band e tamén coñecido como Little Steve, para crear "Sun City". Seguindo o modelo que Michael Jackson levou a cabo con "We Are the World" no que numerosos artistas cantaban para recaudar fondos contra a fame en África, Little Steve tamén reuniu unha pléiade de estrelas, entre elas ó propio Peter Gabriel, baixo o nome Artists United Against Apartheid para lembrar a loita contra esa inxustiza. A cousa non acabou nunha soa canción, senón que foron sete cancións que apareceron nun EP co título Sun City. Isto ocorría en 1985.
Ningún comentario:
Publicar un comentario