En 1983 Elton John publicaba Too Low for Zero, o seu decimosétimo traballo discográfico, no que contou en todo momento coa colaboración de Bernie Taupin nas letras mentres que Elton John se dedicou a compór a música de case tódolos temas. Seguindo na liña que o dera a coñecer unha década antes, Elton John ofrécelle o público un disco cheo de pop con matices que recollen a frescura do glam, que daquela, xa comezaba a decaer. Isto vese ben nun dos temas máis animados do álbum. "I'm Still Standing".
A colaboración que Elton John lles prestou a Scissor Sister para o seu segundo disco Ta-Dah (2006) quedou reflectida moi ben nalgunhas cancións coma en "She's My Man", que conta con reminiscencias de "I'm Still Standing".
Ningún comentario:
Publicar un comentario