Na actualidade Vangelis e Demis Roussos son dous reputados músicos gregos que souberon levar o país helénico a un sitio destacado dentro do panorama musical internacional, mais ámbolos dous músicos, xunto con Loukas Sideras e Anargyros Koulouris tiveron unha orixe común: Aphrodite's Child, sen dúbida unha das bandas máis influíntes desde finais dos anos 60. E non obstante, Aphrodite's Child non tivo unha traxectoria moi longa, porque os membros pronto decidiron seguir facendo música por separado, e tan só en cinco anos a andaina de Aphrodite's Child rematou con tres discos para a posteridade. No último, o dobre álbum 666 (1972) co que se despedían, atópase "The Four Horsemen", unha das cancións máis recordadas da breve pero intensa carreira de Aphrodite's Child.
http://youtu.be/QVExlaxaweo
A influencia concreta de "The Four Horsemen" deixou pegada en dúas dúas cancións das últimas décadas. Para a banda de Richard Ashcroft, The Verve, a canción "The Rolling People", que aparece no exitoso Urban Hymns (1997) dos británicos, debe boa parte da inspiración á de Aphrodite's Child.

http://youtu.be/8p7jMXnLewY
O mesmo se pode comentar do tema de Beck "Chemtrails", do álbum Modern Guilt (2008) cuxo son remite de maneira clara á canción dos gregos.
O mesmo se pode comentar do tema de Beck "Chemtrails", do álbum Modern Guilt (2008) cuxo son remite de maneira clara á canción dos gregos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario