Posiblemente hoxe o nome de A Taste of Honey non lles diga moito ás novas xeracións que teñen a música disco case nun altar, pero este grupo americano funk dos 70 deixou para a posteridade un tema dos que non pasan inadvertidos. Trátase de "Boogie Oogie Oogie", que abría o álbum epónimo co que A Taste of Honey debutaba en 1978. A canción asimila os patróns clásicos do funk dos 70, pero non obstante, conseguiu facerse un oco en temas posteriores, especialmente nos anos 90, onde foi moi empregado como base, nunhas cancións que non chegan a superar a calidade de "Boogie Oogie Oogie", que segue mantendo o nome de A Taste of Honey fóra do total esquecemento.
http://youtu.be/90-5fpLdb-c
A proba de que o funk era un estilo constante nesa época demóstrao a canción da Manfred Mann's Earth Band "Drowning on Dry Land/Fish Soup". No mesmo ano en que A Taste of Honey debutaba, a nova formación de Manfred Mann publicaba Watch, o álbum no que se inclúe "Drowning on Dry Land/Fish Soup". A última parte do tema é totalmente instrumental, pero está moi influenciada polo son funk, ata mesmo recordar un tema como "Boogie Oogie Oogie", que vería a luz uns meses máis tarde.

http://youtu.be/BYZhMDxusqQ
Volvamos a "Boogie Oogie Oogie" e ó que falabamos máis arriba. Nos anos 90 produciuse un redescubrimento desa canción, porque algúns artistas deciron darlle unha nova vida. Por exemplo, Pure Sugar neste aborrecible "Delicious", de 1998.
http://youtu.be/9rOe6Cttji0
A sona de "Boogie Oogie Oogie" continuou uns anos máis. Wounded Buffalo recorreu a "Boogie Oogie Oogie" para remesturar o tema de Jamiroquai "Little L", do álbum A Funk Odissey (2001).

http://youtu.be/Zi2YnqmhpXg
Un ano despois, a xaponesa Double tamén habería de botar man da canción de A Taste of Honey no tema "Driving All Night", do álbum Vision (2002).

Ningún comentario:
Publicar un comentario