Sade soubo conquistar á crítica e tamén o gran público dende a aparición do primeiro disco, Diamond Life (1984), que contén o fabuloso "Smooth Operator" e que aínda hoxe sempre se cita como a principal canción de Sade. En cada disco que publica, todos con cancións dun gran nivel, sempre hai unha que destaca por riba das demais; se no primeiro é "Smooth Operator", no segundo recae en "The Sweetest Taboo", no terceiro é "Paradise", e no cuarto está "No Ordinary Love", que é o que imos ver hoxe. Cando Sade editou Love Deluxe (1992) era xa unha artista máis que consagrada que levaba case unha década deleitando os oídos de medio planeta cunha voz suave combinada co elegantes sons da súa música. Iso rubricouse especialmente en "No Ordinary Love", que sen dúbida é a gran canción de Sade tras "Smooth Operator".
http://youtu.be/w6DQavhJUrk
"No Ordinary Love" conta con boas versións, pero ningunha tan rechamante coma a que Deftones incluíron no álbum de versións B- Sides & Rarities (2005), que por ser unha banda de rock experimental, transladaron ó seu estilo a canción de Sade sen perderlle a esencia que a fai máxica.
http://youtu.be/MuNZGijfaZA
E tampouco hai que sorprenderse de que o mundo do hip hop fagocitase a canción. Lee Majors e The Jacka son bo un exemplo coa canción "Ordinary Drog", do álbum The Gobots 2: D-Boy Era (2010).
http://youtu.be/6Ogv6Hu0pk8

Ningún comentario:
Publicar un comentario