Lograron situarse nunha posición privilexiada na música de corte experimental con só dous discos, así que Beth Gibbons, Geoff Barrow e Adrian Utley, os integrantes de Portishead, estaban decididos a manterse coma unha referencia no ámbito musical que mellor dominaban e, posiblemente, esa presión foi a causante de que tardaran algo máis de dez anos en sacar o terceiro álbum, ó que por outra parte, tampouco romperon a cabeza buscándolle título. En 2008, por fin rematou a espera e Portishead ofrecía ós seus seguidores o ansiado Third (2008), sen que os retallos de xenialidade que amosaban nos primeiros discos se visen diminuídos. A canción elixida como single de presentación foi "Machine Gun", unha aposta segura coa que Portishead volvía dar un paso adiante.
E co son de "Machine Gun" facía o seu debut o cantante de R&B The Weekend, que no seu primeiro disco Kiss Land (2013), inclúe a canción "Belong to the World".
Ningún comentario:
Publicar un comentario