The Beatles son a gran referencia para milleiros de grupos, artistas e músicos da máis diversa índole, pero poucos se mostraron tan agradecidos á súa música como para compoñerlles unha canción cun título tan elocuente coma "Beatles Forever". A ocorrencia procede da Electric Light Orchestra, cuxo son e estilo tanto lle debe ós catro fabulosos de Liverpool. A canción, composta por Jeff Lynne, ía incluírse no álbum da ELO Secret Messages (1983), que en principio estaba concibido coma un dobre LP, pero finalmente esa idea descartouse e "Beatles Forever" quedou relegada nun caixón. Non obstante, a pesar de que non apareceu no álbum, "Beatles Forever" circulou en formatos non oficiais, e por iso chegouse a coñecer xunto o resto de cancións que a Electric Light Orchestra preparara para ese disco.
http://youtu.be/tSEEDeB4zFg
Pero como "Beatles Forever" fora un descarte, Jeff Lynne decidiu aproveitar parte do retrouso para o tema "Video!" que compuxo expresamente para a banda sonora da película Electric Dreams (1984).
http://youtu.be/7mLeo692-kQ
Ningún comentario:
Publicar un comentario