luns, 25 de maio de 2015

Kryptonite

En febreiro do ano 2000 vía a luz no mercado discográfico estadounidense o debut dunha nova banda de rock, 3 Doors Down, que devagar iría facéndose cun pequeno sitio no panorama internacional entre a nova vaga de grupos que xurdiron ó abeiro dos derradeiros anos da década dos noventa. A ópera prima de 3 Doors Down titulouse The Better Life e está composta por once cancións, das que se escolleron catro singles. O primeiro deles foi "Kriptonite", que xa contaba cunha maqueta antes de que a banda gravase o disco. 


Os primeiros acordes da canción de Maroon 5 " Goodnight Goodnight", pertencente ó segundo album da banda de Adam Levigne It Won't Be Soon Before Long (2007) coincide cos de "Kriptonite" de 3 Doors Down. Tendo en conta que ambas bandas forman parte da mesma xeración é normal ás veces inflúan unhas nas outras.


Ningún comentario:

Publicar un comentario