Malia que foi eclipsado polos traballos posteriores de Michael Jackson, Off the Wall (1979) marca un punto de inflexión na andaina do rei do pop, pois a partir de da súa publicación trázase xa definitivamente a diferenza entre a súa etapa nos Jacksons e o futuro que se abría como solista cunha carreira prometedora. Nese senso, Off the Wall xorde coma unha ópera prima rompedora, elaborada cuns obxectivos moi ambiciosos disposta a ser a pedra angular da carreira en solitario dun artista aínda novo, pero con moita experiencia e coñecedor do mundo en que se move. Sen ser o primeiro disco de Michael que se editaba en solitario, a implicación del en tódolos aspectos da xestación do álbum, a elección de Quincy Jones como produtor e tras rodearse de compositores coma Paul McCartney e Steve Wonder deixaban claro que aquilo non era simplemente un disco da voz principal dos Jacksons mentres os irmáns non preparaban novo material, senón que era un sinal inequívoco de que Michael Jackson preparaba coidadosamente unha nova etapa en solitario. "Off the Wall", canción que lle dá título ó álbum, é o quinto corte.
"Off the Wall" non é das cancións máis versionadas de Michael Jackson, pero aínda así Mariah Carey colleu un anaco dela para darlle lustre a "I'm That Chick", unha das cancións de E=MC2 (2008).
Ningún comentario:
Publicar un comentario