Toto debutou cun álbum epónimo que recolle unha variada representación dos estilos musicais que máis triunfaban a finais dos setenta. Publicado no outono de 1978, Toto componse de dez cancións que van desde o rock máis sofisticado ata o R&B e a música disco, o que o converte nun excelente resume musical de toda unha época. A canción insignia dese traballo é sen dúbida "Hole the Line", que se escolleu como primeiro single e xaora foi a mellor carta de presentación para a banda, que decontado centrou toda a atención da crítica e do público. Como proba do estilo heteroxéneo do álbum, o terceiro single que se escolleu foi "Georgy Porgy", onde Toto mostra a facilidade que tiñan tamén para adentrarse na música máis achegada ó funk.
Side Effect fixeron unha moi boa versión funk no álbum After the Rain (1980), co que quedaba máis que claro que "Georgy Porgy" é unha canción pensada especialmente para o este estilo musical.
A canción de Sinclair "L'epreuve du temps", pertencente ó seu terceiro álbum, La bonne attitude (1997), está baseada en "Georgy Porgy", de tal xeito que mesmo parece unha versión da canción de Toto adaptada ó francés.
A última gran versión que se fixo de "Georgy Porgy" é a de Eric Benét no álbum A Day in the Lilfe(1999) e na que participa Faith Evans.
Ningún comentario:
Publicar un comentario