Hoxe volvemos destapar o álbum de Sugar Ray 14:59 (1999) para achegarnos a unha das cancións que logrou que a banda californiana de Mark McGrath fose coñecida en todo o mundo. O primeiro aviso de que acababan de enfilar a senda do éxito deuno o primeiro single, "Every Morning", marcando unha estela que non seguiron da mesma maneira o resto de singles. Pero tamén, curiosamente, se descontamos a versión de "Abracadabra", "Every Morning" é a que ten menos elementos propios de Sugar Ray, pois aséntase en dúas cancións practicamente esquecidas no momento da publicación do álbum.
Unha delas é o famoso tema de jazz "Grazing in the Grass" do trompetista Hugh Masekela, composta por Philemon Hou. "Grazing in the Grass" é un tema intrumental que conta cunha importante tradición na escena de jazz, xa que o seu encanto fixo que moitos artistas a versionasen. Non obstante, fóra da escena jazzística non é moi coñecido e, ademais de Sugar Ray, tan só algún grupo de hip hop teno empregado en beneficio propio, pero "Every Morning" deulle unha popularidade nova cun público diferente. Edituouse en 1968, trala revisión dunha antiga composición de Masekela.
O outro alicerce que sostén a "Every Morning" é "Suavecito", que aparece no álbum epónimo de Malo, co que a banda de rock latino, jazz e funk á que pertence Jorge Santana, o irmán de Carlos, debutaba en 1972.
Ningún comentario:
Publicar un comentario